venres, 24 de abril de 2015

Viaxes de estudos

Esta semana coincidiron dúas viaxes de estudos do IES Vilar Ponte de Viveiro. Un grupo de 37 alumnos de 4º ESO acompañados de Sandra López, Ana Tato e Ángeles Serantes, están en París dende o domingo 19 de abril. Entre outras visitas e actividades, son de especial interese as programadas a Versalles, o Louvre, o Panteón, Arco do Triunfo, EuroDisney, os Inválidos e o paseo en barco polo río Sena. Ao mesmo tempo, un grupo de 30 alumnos de 1º BAC acompañados de Mª José Pérez e María Corbelle, gozan esta semana da estadía en Barcelona, onde visitarán o parque Güell, a Fundación Joan Miró, a Sagrada Familia, o Camp Nou; lugares de interese como o barrio Gótico, as Ramblas e o Ensanche; e actividades de recreo en PortAventura. Os dous grupos estarán de volta na madrugada do sábado 25 de abril.

10 comentarios:

  1. Moi bonitas, pero debería haber mais fotos que sacamos moitas

    ResponderEliminar
  2. Se nota que lo habeis pasado bien. :)

    ResponderEliminar
  3. Gustaronme moito as fotos, ainda que non hai moitas.

    ResponderEliminar
  4. Unhas fotos moi bonitas, as vistas dende a Torre Eiffel eran increíbles. Debería haber máis fotos.

    ResponderEliminar
  5. Moi ben aínda que qedaría mellor con máis fotos.

    ResponderEliminar
  6. ¡Son muy bonitas!, pero deberían subir máis fotos xa que, sacamos bastantes. Foi unha viaxe xenial da que todos disfrutamos.

    ResponderEliminar