martes, 28 de abril de 2015

CONFERENCIAS PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS.

Hoxe remata no IES Vilar Ponte de Viveiro a serie de conferencias que se foron realizando ao longo deste curso 20014/15 dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. Os temas tratados foron: VIOLENCIA DE XÉNERO, ACOSO ESCOLAR, REDES SOCIAIS E DROGAS E ALCOHOL. Estas charlas foron impartidas a un total de 300 alumnos da ESO por membros da Policía Nacional, neste caso D. Pablo Rodríguez González, delegado de Participación cidadá. Tamén os pais gozaron dunha conferencia organizada polo ANPA do centro co tema RISCOS DE INTERNET e REDES SOCIAIS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario