martes, 10 de xuño de 2014

OS NOSOS ARTISTAS EXPOÑEN NO CONCELLO

Na última quincena do mes de maio, os centros educativos da Mariña celebraron de forma coordinada o Día da Arte Galega, unha iniciativa xurdida o pasado curso e que parece que se vai consolidando. O noso centro decidiu contribuir coa realización dunha exposición de traballos plásticos de alumnos e alumnas de 1º ESO, dirixidos pola súa profesora de Plástica, Miriam González. A mostra esta exposta nas instalacións do antigo edificio municipal, na Praza Maior de Viveiro. Como é habitual, os artistas noveles sorpréndennos pola súa espontaneidade creativa. Para os que non poidades visitala en directo, aí vos vai unha presentación dos traballos que a integran e dos seus autores.




Ningún comentario:

Publicar un comentario