venres, 23 de maio de 2014

APRENDIZAXE SERVIZO

Coa tutela técnica do Grupo Esculca, o noso centro ven participando desde hai tres anos no Programa ECO-FA-SE que conta con tres actuacións relacionadas, a saber: un Programa de Aprendizaxe Cooperativa (CO), desenvolto no curso 2011-13; un Programa de Educación Familiar (FA) no seguinte 2012-13 e un Programa de Aprendizaxe Servizo (SE), que o noso centro desenvolve este curso 2013-14, en colaboración coa viciña residencia de anciáns Geriatros e coa participación dos centros de Primaria do concello de Viveiro, os maiores e os rapaces realizaron varios encontros que serviron para aprender uns dos outros, utilizando como medio a literatura oral e a música tradicional. Os encontros coincidiron coa celebración do Entroido, coa chegada da primavera e coa celebración do Día das Letras Galegas.
Os máis vellos, grandes portadores dese patrimonio inmaterial, poden apreciar e disfrutar vendo aos rapaces recoller e interpretar o que aprenderon previamente da tradición oral. Esta relación interxeracional aporta moito tanto a uns como aos outros e permite que non se rompa esa cadea natural de trasmisión que sempre existiu entre vellos e novos, pero que a vida tan acelerada dos tempos actuais dificulta.



Ningún comentario:

Publicar un comentario