martes, 17 de xuño de 2014

OUTRA PROMOCIÓN QUE SE NOS VAI

Con ese sentimento agridoce de ver como se nos vai outro grupo de alumnos e alumnas, neste caso a XVIII promoción 2008-2014, celebrouse no Teatro Pastor Díaz o acto de despedida destes rapaces que deixan unha pegada moi profunda no centro, tanto polo seu nivel académico como, sobre todo, polo seu nivel humano.
O acto, conducido polo profesor e secretario do centro, Javier Illán, contou coa intervención do director, Marcelino García e, por suposto, da madriña elixida polo grupo, Manuela Salgado, profesora de Lingua e Literatura Española. 
Por parte dos alumnos/as interviron Alejandro Rodríguez, Alba Ben e Andrés Díaz e disfrutamos das interpretacións musicais de Rebeca Macía e Emilio Rosanes e, finalmente, despois da entrega das orlas e un agasallo que lles fixo chegar a súa profesora dos primeiros anos, Fina Ramallal -como sempre tan xenerosa e detallista- todo o grupo se despediu cunha versión propia, moi peculiar e sentida, do "Resistiré" do Dúo Dinámico.
A festa rematou cunha cea á que acudiron varios profesores/as e unha longa noite de merecida diversión nocturna.
Moita sorte e ata sempre, rapaces!

Ningún comentario:

Publicar un comentario