Despois de longa e costenta expedición, recuperados os folgos, houbo xogos tradicionais e menos tradicionais mentras se preparaban e atizaban os lumes que ían dar ás castañas o punto apropiado para comer. Chegado o momento tan ansiado sempre nas excursións, o da pitanza, os grupos de rapaces e rapazas deron conta dos seus menús de mochila e acabaron de satisfacer os seus insaciables estómagos coas pertinentes castañas asadas, que debían estar moi boas, porque se acabaron enseguida. Haberá que traer máis en próximas edicións...!Os profes tamén fixeron a súa festa particular de empanada, chourizos e liscos; e deberon beber algo de viño, que andaban moi festeiros.
Finalmente, despois de descansar da enchente, o centurión Froilán, dirixiu a tradicional maniobra de limpeza de residuos que os alumnos executaron coa eficacia das lexións romanas, e tranquilamente descenderon polas ladeiras do monte sacro de Viveiro cara o Vilar Ponte a tempo para coller o autobús ou marchar cara as casas.
Xa nos tarda o magosto do 2014!
Ningún comentario:
Publicar un comentario