martes, 26 de novembro de 2013

25 NOVEMBRO: UN BOSQUE DE DESEXOS E PALABRAS

Para conmemorar o día contra a violencia de xénero, 25 Novembro, este ano o noso instituto colaborou co C.I.M. (Centro de Información á Muller) levando a cabo unha actividade compartida cos demais centros educativos do concello de Viveiro, que consistiu en colocarlle a unha árbore situada na entrada do vestíbulo do instituto, unha follas debuxadas polos rapaces nas que quedase constancia, a través dos seus pensamentos escritos, da repulsa e negativa cara a violencia de xénero. O resultado desta actividade colaborativa é unha exposición que leva o título de “bosque de desexos e palabras”, inaugurada con motivo desta conmemoración, que estará exposta no edificio municipal ao longo desta semana.
Animádevos pois, e pasade por alí.


Ningún comentario:

Publicar un comentario