martes, 28 de maio de 2013

EXCURSIÓN MUSICAL A CELANOVA

No marco incomparable da Igrexa do Monasterio de Celanova, alumnos do IES VILAR PONTE de Viveiro acompañados polos tres profesores que forman o Departamento de Música, participaron nunha sesión explicativa sobre o Órgano a cargo de Marisol Mendive, profesora de órgano do conservatorio de Ourense. Estas sesións véñense celebrando desde fai varios cursos escolares, é o IES VILAR PONTE é a primeira vez que participa. A xornada consiste nunha explicación e aproximación ao instrumento, que logo conclue cun concerto didáctico onde os alumnos interpretan unha serie de partituras á frauta e son acompañados pola organista. A experiencia resultou moi amena para o alumnado, que ten a oportunidade de ver de cerca o funcionamento deste instrumento; no caso do de Celanova unha verdadeira xoia do patrimonio galego.
Aproveitando a viaxe á terra das augas termais, o grupo relaxouse nas Termas de Outariz, á beira do Miño ao seu paso pola capital ourensá. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario