mércores, 22 de maio de 2013

TRABALLOS DE PLÁSTICA 3º ESO

Os traballos que vos mostramos aquí, están feitos con témperas sobre cartolina, por alumnos de 3º da ESO do presente curso. Tratamos de estudiar os distintos aspectos da COR.
CORES CÁLIDAS E FRÍAS ESCALAS CROMATICAS
O primeiro exercicio que se fixo foi a interpretación con cores cálidas e frías dunha obra de arte que eles elixiron. A figura, o motivo principal da obra, interpretouse en cores cálidas, xa que estas cores dan sensación de avanzar, de estar máis adiante cas outras. Para o fondo e detalles secundarios utilizaron cores frías, porque éstas dan sensación de retroceder e sitúan estes espazos detrás das cores cálidas.
Ao mesmo tempo traballamos escalas cromáticas, tendo que elixir para a figura unha cor principal cálida e saturada, que despois se degradaría con branco ata chegar ao tono máis claro, e con azul ou negro para ir obtendo os mais escuros. En total utilizamos nove tonos diferentes da mesma cor elixida inicialmente. Para facer esta escala de xeito ordenado, fragmentamos a imaxen por liñas separadoras de cada tono, e enumeramos cada unha delas, sendo a cor principal a número 5. A partir de este tono, enumeramos os claros dende o 5 ata o número 1, e os escuros dende o 5 ata o 9.Así fóronse cubrindo cada un dos tonos, con máis seguridade de respetar a degradación á hora de facer e aplicar as mesturas de cores con brancos e negros respectivamente.
Utilizamos este mesmo proceso para a degradación das cores frías do fondo.O resultado é unha composición con solo dúas cores contrastadas (cálida-fría) pero con moita variedade de tonos.




HARMONÍA DE CORES
Neste segundo traballo, propuxemos como tema o bodegón. Agora os alumnos xa non interpretan, senón que crean a súa propia obra, exercitando así a técnica do debuxo a lápiz, o estudio dos bocetos, a composición..... ademáis do propio tema da cor.
Unha vez elixido o boceto e pasado á cartolina branca, había que decidirse por unha das harmonías de cor para aplicar á obra de entre as seguintes: harmonía de cores cálidas ou frías, harmonía de cores saturadas ou desaturadas, harmonía de complementarias e harmonía de cores afíns.


Ningún comentario:

Publicar un comentario