luns, 3 de xuño de 2013

ALUMNOS DO VILAR PONTE PREMIADOS POLO PARLAMENTO DE GALICIA

Estes días pasados o centro recibiu a grata sorpresa de que dous alumnos de 1º ESO, Ariendys Franco Lorenzo e Brauly Joan Gómez Peralta, recibiron o 1º premio do concurso escolar convocado polo Parlamento de Galicia, na categoría  "Escribe o teu conto". O relato gañador leva o título de ¿Será posible mi sueño?, no que os autores expresan a súa vivencia persoal. O premio consiste nun ordeador portátil para cada un dos autores; unha viaxe a Santiago para todo o grupo de alumnos de relixión no que están os autores; unha tableta dixital para o profesor de relixión coordinador, Francisco Janeiro e dous mil euros para o centro.
Ademais do traballo premiado, outros catro foron elaborados en grupo polo resto dos alumnos do grupo e participaron no concurso:
- Pedro Redondo Loureiro, Martín Hermida Pernas, Guillermo De Pazos Castro, Luis Ángel Díaz Felíz e Luis Enrique Rivas Álvarez:  Ciborg, un aviso espacial
- Miriam Abad Girón, Lisnet Núñez Gómez, Laura Fernández Cobelo, Anabel Leoncio Nivar e Cíntia Barría Míguez:  El diario de Claudia
- María López Escourido, María Guerra Blanco e Nerea Díaz Gómez:  Gracias, Zor
- Ángela Martínez Sarmentero e Andrea García Lázaro:  Sueño de un pasado y un futuro

Parabéns a todos e, particularmente, aos dous premiados!!

Para ver estes traballos pinchade no seu título




Ningún comentario:

Publicar un comentario