xoves, 26 de abril de 2012

DE ONTE A HOXE: LEMBRANDO O PASADO

Onte, 25 de abril, con motivo do Día do Libro, foi inaugurada na sala de exposicións do concello de Viveiro unha interesante exposición que pretende ofrecer ao público, particularmente ao publico infantil e xuvenil, unha visión retrospectiva sobre as lecturas que facían os seus pais ou avós nos seus tempos infantís. Igualmente para éstes resulta un agradable exercicio de memoria e reencontro con eses tempos pasados, non se sabe se mellores ou peores.

A exposición está organizada polas bibliotecas escolares dos centros participantes no PLAMBE de Xove e Viveiro, entre os que se atopa, loxicamente, o IES Vilar Ponte. Os nosos alumnos/as de 3º de ESO elaboraron traballos nos que recollen información sobre as primeiras lecturas dos seus pais.

Esta mostra estará aberta ao público desde onte ata o 2 de maio, así que temos esta ponte do primeiro de maio para visitala e pasar un rato agradable. ANIMÁDEVOS!


Ningún comentario:

Publicar un comentario