luns, 30 de abril de 2012

PROXECTO TERRA EN GUIMARAES


Por segundo ano consecutivo, o alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de participar no Proxecto TERRA, unha iniciativa do Colexio de Arquitectos de Galicia en colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Neste ano ofertábase por primeira vez unha visita á cidade portuguesa de Guimaraes -Capital Europea da Cultura neste ano 2012-. A viaxe de dous días permitiu ao alumnado coñecer a citania ou castro de Briteiros, a poucos kms. desta cidade, considerada a cuna do primeiro reino de Portugal, posuidora du interesante casco histórico, que os rapaces poideron coñecer.
Asi mesmo poideron visitar a Montanha da Penha, á que se accede mediante un moderno teleférico desde a propia cidade e desde a que se pode apreciar unha espectacular paisaxe panorámica da comarca e, mesmo da rexión de Braga.
A viaxe resultou un rotundo éxito tanto para o profesorado como para o alumnado e cabe resaltar a excelente planificación e organización das actividades, como xa se constatara o curso pasado na viaxe que se fixera a Melgaço dentro do mesmo proxecto TERRA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario