O Departamento de Ciencias Naturais
conxuntamente cos Departamento de Lingua Española e Departamento de Lingua
Galega, ca iniciativa de motivar aos
alumnos máis novos á creación literaria, tamén dende o punto de vista dos
valores biolóxicos e medioambientais, organizan o Premio de Poesía “Un canto á Vida” para alumnos de 1º
ESO matriculados no IES Vilar Ponte.
O número de obras recibidas nesta 1º convocatoria foi de 31.
O Xurado do certame, reunido ás 17:45 do Luns 16 de Abril de 2011 no Edifi. II do IES Vilar Ponte e composto polos seguintes membros:
Presidente: José Juan Martínez Ferreiro
Vocais: Mª del Pilar Martín FernándezMaría Lozano Fernández
Mª Ángeles Murias Siñeriz
Antonio Castiñeira Besteiro
Pronunciouse no seguinte fallo:
I Premio e gañador do certame, ao poema titulado: “A vida”, de Nerea Torres López de 1º A ESO. Faráselle entrega dun diploma conmemorativo e un lote de libros por valor de 40€.
A vida
Na Terra hai algo peculiar
que a fai moi especial:
é algo espectacular.
Pódelo adiviñar?
Se pensaches na vida
acertaches
e dela vouche falar.
Empeza cunhas bacterias
e remata cos demais.
A vida está nos animais,
nas plantas e nas persoas.
Se queres protexela
debes seguir estas normas:
Non mates por pracer,
coida aos demais.
Recicla e fai boas obras
e a túa vida será máis
fermosa.
I Accésit, ao
poema titulado: “Poesía da vida” de Lucía Palmeiro Cabo de 1º B ESO. Faráselle entrega dun diploma
conmemorativo e un libro de relatos o novela de temática medioambiental.
Poesía
da vida
A
vida comeza cando nacemos
segues
día a día
pasan
os anos e facemonos mozos
para
uns con tristeza e para outros con alegría.
A
vida é un paso adiante
que
temos que dar con seguridade
pero
non todo e tan radiante
e
temos que botarlle felicidade.
Cada
día nace unha nova vida
cada
día unha nova ilusión
cada
momento é unha fuxida
para
encontrar unha solución
LA VIDA
Nacer es soñar.
Nacer es vivir.
Vivir es amar,
amar es esperar
¡La vida es espera!
Un paso intermedio,
un tránsito,
un sueño
y un remedio.
¡La vida es un juego de esperanzas!
La vida…..
A entrega dos premios realizouse ás 12:00 horas do día 23 de abril, Día do Libro, na Biblioteca do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario