O noso auxiliar de conversa de inglés, Andrew Douglas, disfruta estes días da visita do seu irmán Alec, que casualmente é
xogador profesional do equipo AZTECS de Denver que milita na 1º División
Universitaria de futbol americano.
Aproveitando a ocasión, o departamento de inglés organizou unha sesión práctica co alumnado da sección bilingüe de inglés de 1º ESO, que se celebrou debido ao mal tempo, no pavillón Antonio Tarrío. Un deporte pouco implantado no noso pais, pero que nos EEUU é o que ten maior popularidade.
Moitas grazas aos irmáns Douglas, pola súa implicación na vida do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario