Subvencionada pola Xunta, esta campaña que realizou o noso centro durante a semana pasada e noutras dúas semanas dos próximos meses, vai destinada ao fomento entre o noso alumnado do consumo de froita fresca, que todos recoñecemos como imprescindible nunha dieta alimentaria equilibrada e sana, pero que non está moi xeralizada entre os rapaces.
Ao longo da semana, durante o segundo recreo, todo o alumnado de 1º e 2º ESO recibiu unha ración de diferentes froitas cada día: mazá, plátano, mandarina, fresa e pera. A excelente calidade do produto e, quizais, a novidade da situación, fixo que a iniciativa resultase exitosa, aínda que houbo que chamar a atención sobre o destino dos desperdicios, que non sempre foron parar ao lugar indicado.
Esperamos que as próximas semanas desta campaña teñan a acollida que tivo a primeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario