En días pasados, o alumnado de 4º ESO e de 1º BAC tivo ocasión de participar nuns talleres promovidos pola fundación INDECUM, que promove o deporte, a cultura e o turismo na nosa comarca da Mariña, e impartidos pola produtora mariñana "A Caixa Escura", en colaboración coas profesoras de Plástica e TIC do IES Vilar Ponte.
Nos mesmos, os rapaces e rapazas aprenderon a realizar fotografías e videos con diferentes técnicas, que lles permitirán crear e producir obras audiovisuais que poden presentar ao concurso IMAXIÑA, promovido pola devandita fundación.
Despois dunha charla na que coñeceron de forma sintética a historia da fotografia e do video e poideron departir co prestixioso fotógrafo mariñán Xulio Villarino, o alumnado dispuxo dunha xornada escolar completa para realizar prácticas que tiveron como resultado diferentes videos e reportaxes fotográficos que en próximas entradas se irán amosando neste blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario