venres, 30 de novembro de 2012

25N, DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns 26, o día despois, no instituto celebramos está conmemoración. Despois de traballar uns días antes para a súa preparación, organizados polo equipo de biblioteca e polos titores, os alumnos e alumnas plasmaron as súas reflexións en cartulinas de cor malva que encheron as espaldeiras do pavillón Antonio Tarrío no recreo. Pechouse o acto coa lectura dun manifesto creado pola alumna de 2º ESO, Carmen Estela Díaz Gómez, que se reproduce aquí:

"O 25 de novembro é o Día contra a violencia de xénero, e nós hoxe queremos reivindicar o dereito máis esencial, tanto das mulleres coma do resto das persoas: o dereito á vida.
Todas as mulleres debemos querernos e valorarnos a nós mesmas, só así conseguiremos o que de verdade merecemos, unha vida digna.
Moitas mulleres, sen embargo, non teñen esa vida que se merecen, debido aos abusos que sofren por parte dos homes, xa que estes interpoñen un muro de medo, sufrimento e angustia cara o camiño da súa felicidade.
Polo que debemos loitar por unha vida sen violencia, onde todos sexamos capaces de tratarnos por igual. Así que lémbrao, antes de recibir un golpe máis, sé xusta contigo mesma e ponlle fin...
DENUNCIA!"



Ningún comentario:

Publicar un comentario