venres, 8 de xuño de 2012

POR TERRAS DE TARAMUNDI








COMENTARIOS VALORATIVOS DOS ALUMNOS SOBRE ESTA EXCURSIÓN

  • Todo bastante ben, gustoume moito en xeral, pero o monitor das navallas poñía os ollos birollos e daba “repelús”, polo demais foi moi divertido e aprendemos moito, paseino ben pero o camiño foi moi longo, grazas aos amigos foi máis levadeiro.
  • Gustoume moito en xeral, a viaxe en autobús estivo ben pero o paseo a Esquíos non me gustou porque había lama no chan.
  • Gustoume todo en xeral, o muíño foi moi bonito, entretívenme moito.
  • Gustoume moito en xeral menos a espera, foi moi aburrida.
  • Pareceume unha boa excursión, as viaxes e os paseos foron moi bos e divertidos porque o ía pasando ben cos meus amigos, aínda que o museo e o resto foi un pouco aburrido sen estar mal de todo. A comida estivo ben porque me encanta comer de campo e cos meus amigos. Foi unha experiencia boa en xeral.
  • Gustoume todo moito: as viaxes en autobús, a paisaxe, o recendo da fariña recén moída, saber como se fai funcionar unha pedra de afiar usando a forza da auga, a comida no campo ao pé do río; o guía de Teixois ía moi rápido e non parecía ser moi alegre, non me gusta moito andar pero os paseos mereceron a pena pola paisaxe, o guía das navallas tiña cara de poucos amigos, era moi ríxido e tampouco parecía moi alegre. Gustoume saber como eran as casas, a poboación, a flora, a fauna e os camiños, pareceume moi interesante e bonito.
  • En xeral paseino bastante ben, para min o mellor foi o autobús porque o pasei moi ben e falei bastante.
  • Os paseos estiveron ben aínda que algo longos pero divertidos. O muíño impresiona. Gustoume o traballo na forxa. A paisaxe preciosa. A comida moi ben pero non había barcos no río. A experiencia non estivo nin mal nin ben.
  • Pareceume moi boa excursión porque aprendimos como se facían as navallas, como funcionaba o muíño e como se traballa coa auga.
  • O que máis me gusou foi cando fabricaban as navallas, o que menos foron a ida e a volta.
  • Na viaxe de ida paseino moi ben, só houbo un defecto, que Jaime non nos deixou utilizr os móbiles, por que?. O paseo de Teixois foi un pouco longo pero paseino moi ben. O muíño pareceume un pouco anticuado porque era todo manual e agora podería haber algunha máquina. A moa de afiar era moi boa e práctica no seu tempo, a dinamo non sei o que é, xa non me acordo, do batán tampouco me acordo, a forxa e o mazo encantáronme. O tempo de espera foi unha..., o guía enrollouse algo pero polo demais moi ben. Despois os outros paseos foron máis curtos pero máis empinados. Os museos foron moi, pero que moi, moi interesantes. Encantoume o obradoiro das navallas onde merquei unha de latón. Logo fixemos un paseo aínda máis longo e comimos, eu concretamente un bocadillo de bisté unha botella de auga e unha mazá. Logo fomos ata o autobús e fixemos a viaxe de volta, paseiono moi ben e chegamos a Viveiro sobre as seis da tarde. A miña parte favorita foi o abradoiro das navallas, e a que menos me gustou foron os paseos.
  • A excursión gustoume moito, a ida non tanto porque só podíamos falar, non podíamos escoitar música..., cando chegamos fixemos un longo percorrido con moitas costas, estivemos andando como unha hora e media ou algo así, chegamos aos Teixois onde nos ensinaron como se utilizaba a auga na antigüidade. Logo seguimos avanzando por un camiño que era máis costa abaixo que costa arriba. Chegamos ao museo dos Esquíos, onde nos ensinaron moitas cousas que se utilizaban antes. Fomos en grupos de dúas en dúas clases, e nós (1º A e B), fomos os primeiros, cando esperabamos a que saísen os de 1º C e D, estivemos xogando cun cadeliño moi bo. Tamén compramos navallas e silbatos. Ao acabar esa visita, seguimos andando ata chegar ao carón do río para comer, pero algúns nenos, incluído eu, tivemos que subir por unha costa ata chegar ao autobús para coller as mochilas. Para non volver baixar quedámonos nun parque comer con Simón, pasámolo moi ben. Logo fomos ata o autobús esperar aos máis que tardaron un bo cacho, saímos e tardamos menos en chegar. E así conclue a excursión a Taramundi. O que menos me gustou foi a camiñata.
  • A viaxe de ida foi moi entretida, só houbo un problema, que non nos deixaron utilizar o móbil. O paseo a Teixois foi moi entretido e interesante. O muíño foi realmente divertido. A forxa e o mazo xeniais. Nunca vira un mazo dese tamaño!. O paseo ata Taramundi foi moi longo aínda que mereceu a pena só por ver esa paisaxe coas árbores, os paxaros..., a comida sabía moi ben despois dese longo paseo! Os compañeiros foron moi agradables.
  • A excursión a Taramundi gustoume bastante xa que aprendimos moitas cousas como, todo o que se pode facer coa auga, como se fan as navallas. Tamén visitamos un museo con pezas antigas, despois volvimos a Taramundi onde comimos ao carón dun río. Ao rematar a comida volvimos para o autobús que nos levou a Viveiro, moi cansos pero cuns recordos fantásticos.
  • Gustoume moito aínda que indo para os sitios canseime pero foi moi divertido. No museo etnográfico aprendin moitas cousas. Tamén me gustou cando fixeron as chispas coa auga e o aire. En Esquíos gustoume a cantidade de cousas que había dentro, como transportaban a leña, os instrmentos antigos..., como se fan as navallas. Cando comimos paseino moi ben no río. Á volta ao autobús fíxose pesado o camiño. O que máis me fastidiou foi non poder escoitar música no autobús.
  • A excursión gustoume bastante, a viaxe de ida non foi moi divertida porque Jaime non nos deixou poñer música, aparte diso foi divertido. A camiñata que fixemos encantoume porque falaba cos meus amigos mentres íamos por bosques autóctonos. O museo etnográfico gustoume, é unha forma fácil de coñecer os coñecementos pasados. A camiñata que fixemos despois tamén me gustou, o único que non me gustou moito foi que nunha parte había merda de vaca.
  • A viaxe de ida foi bastante entretida porque íamos falando e contando chistes e tamén porque me tocou ir na última fila. Cando chegamos estivemos dando un paseo polo monte que aparentaba nunca acabar, pero o que de verdade me gustou foi ver as preciosas paisaxes que se podían abranguer. A camiño foi bastante cansado proque en xeral era todo o tempo subida, pero eu aguantei e cheguei ata o final!. Logo visitamos unha pequena aldea e as formas e utilizacións que lle daban e lle dan a auga para utilizala na vida cotiá, o que máis me gustou e que facendo moverse por tubos a auga e o aire fan avivar ao lume. Máis tarde e despois doutra boa camiñata chegamos a un lugar no que nos ensinaron cousas recopiladas de máis de cen anos de antigüidade, a verdade é que gustou moito porque moitos deses obxectos xa os vira na anterior excursión, pero o que me causou maior impresión foi ver as navallas e o ben preparadas que estaban. Máis tarde, por fin, comimos e collimos o autobús de volta á casa, tamén foi bastante entretida pero casi durmía do cansancio que me produciran as longas camiñatas.
  • A viaxe de ida foi tranquila e divertida cos compañeiros que ían comigo, tamén me gustou moito a camiñata que fixemos porque había unha paisaxe fermosa e logo cando fomos a un lugar de cousas antigas vimos como lavaban a roupa, como facían a electricidade e como lle daban forma aos metais como veriñas. Logo fomos a outro lugar de etnografía, un museo onde había navallas, cabezas de animais desecadas, máquinas de escribir antigas, cerillas, instrumentos coma unha gaita. Logo fomos buscar un lugar para comer, paramos á beira dun río, despois que acabamos puxémonos a xogar tirando pedras ao río, logo fomos para o autobús e a volta tamén foi divertida.
  • Esta viaxe non estivo mal, aprendín moitas cousas sobre o que se facía antes, tamén me gustou pasear por Taramundi, os muíños e o museo etnográfico. Tamén me gustou moito porque estiven cos amigos e vimos moitas árbores autóctonos. Eu prefiriría ir en bici en vez de andando. Pero o que máis me gustou foi cando íamos de volta a Taramundi, ver os animais como vacas e ovellas, tamén as máquinas de escribir, navallas e armas do museo.
  • Gustoume a viaxe de ida, falei cos compañeiros e divertinme. Despois baixamos do autobús e dimos un agradable paseo ata Teixois. No muíño gustoume todo pero ao final os de 1º C e D tiveron que esperar a que acabaramos, e nós a que acabaran eles, iso foi o que non me gustou. Despois dimos outro paseo ata o museo etnográfico que nos levou unha hora aproximadamente. O guía no museo era simpático e agradable e expricounos todo con pelos e sinais. Máis tarde un rapaz expricounos como se facían as navallas e algúns de nós mercaron algunhas. Logo fomos comer ao pé dun río, comimos tranquilamente, eu comín un bocadillo de tortilla, outro de xamón e dúas laranxas. Despois de comer xogamos un pouco polo medio do río, escoitamos música... A paisaxe que vimos foi fabulosa e ademais facía un día espléndido. A viaxe de volta foi mellor que o de ida. En xeral os profesores ben, os compañeiros fabulosos, divertinme, falei e xoguei con eles. Doulle un notable á experiencia, pero baixo. Paseino moi ben.
  • A viaxe del volta foi á vez interesante e aburrido porque vimos novas paisaxes e porque requisaron os móbiles. Fixemos moitos paseos e camiñamos moito, cousa que non me gusta en exceso, pero tampouco me disgustou. O museo dos Teixois foi interesante aínda que algunhas cousas xa as coñecía, así que ....
  • Merece moito a pena xa que se ven cousas impresionantes e unha paisaxe preciosa.
  • O que menos me gustou foi que tivemos que esperar, pero polo demais estivo ben.
  • Merece a pena ver como se fan as navallas, non merece a pena ver o museo do señor porque é moi pequeno e non te enteras de nada.
  • O que máis me gustou foi a comida porque puidemos descansar e correr polo campo. O que non merece a pena é ir ver o obradoiro das navallas.
  • A viaxe estivo ben, pero poderíamos ver máis lugares e máis interesante preto de Taramundi.
  • O que máis me gustou foi a camiñata, e o que menos o obradoiro das navallas.
  • Esta excursión gustoume moito porque fixemos exercicio aínda que no autobús poderíanos deixar escoitar música.

Ningún comentario:

Publicar un comentario