Aprenden que a historia é cíclica. Que debemos volver os ollos ao pasado, ás fontes de enerxía tradicionais: O vento, o sol, o lume, a auga, as ondas do mar, as mareas…..para poder mirar o futuro, para ter futuro.
O que máis lles gustou do que viron foi a CASA BIOCLIMÁTICA, única en españa. Observar por exemplo (todo nuns minutiños) como se quenta no inverno e como se refrixera no verán ela soa. Pero tamén lles gustaron as exposicións, a sala de control,os muíños, etc…Sen esquecer o chocolate que fixeron ao sol e que estaba boisímo!
Finalmente tiveron que facer un “exame” antes de marchar. Nenos contra nenas no xogo do rosco (pasapalabra) deron conta de todo o que aprenderan. Non o fixeron nada mal!!! Claro, foi o que máis lles gustou, disfrutaron un montón a pesar de quedaren empatados…
Ningún comentario:
Publicar un comentario