xoves, 24 de novembro de 2011

TRABALLOS DE COLLAGE EN 1º ESO

Composicións realizadas ca técnica do colaxe utilizando materiais diversos.
A finalidade principal deste traballo é a realización dunha creación plástica buscando a expresividade dos materiais empregados.

Plantexamento do traballo ao alumnado:
Fai unha composición sinxela, podes inspirarte nunha paisaxe. A paisaxe pode ter un encadro amplo, pero tamén podes centrarte nunha parte dela, dándolle protagonismo a unha árbore, unha parella de árbores, unha casa, unha montaña,…
A cor é outro elemento básico da linguaxe visual que pode axudarche a completar a túa composición.

E agora, unha pregunta: hai algunha composición das que ves que che suxira un sentimento, unha sensación ou un recordo en particular?

Cóntanolo….

Ningún comentario:

Publicar un comentario