xoves, 24 de novembro de 2011
O PUNTO, A LIÑA E O PLANO
Comezamos o curso en Ed. Plástica de 4ª da ESO, traballando cos elementos básicos de configuración: o punto, a liña e o plano. Por eso fixemos o tratamento dunha mesma imaxe utilizando en cada caso, un só destes elementos.
O primeiro foi buscar unha imaxe que nos permitira reinterpretala destes tres xeitos, polo que necesitabamos que tivera variedade de tonos, para que o resultado tivera certa complexidade e atractivo. Deste xeito, centrámonos no retrato. Primeiro contorneamos a lapis (que ao remate do traballo borrouse) a silueta e os diferentes tonos do retrato . Porque é cada un deses tonos o que fai que o elemento co que traballamos varíe respecto ao tratamento que lle damos noutro tono.
No traballo con puntos, éstes xúntanse máis nos tonos escuros, e dispérsanse nos tonos claros. Tamén pode ser que a diferenza non estea na concentración ou dispersión dos puntos, senón no tamaño deles; máis grosos nos tonos oscuros e máis pequenos nos claros.
Algo parecido cando interpretamos a imaxe con liñas: pódense xuntar máis ou menos dependendo dos tonos a tratar, ou podemos usar liñas máis grosas ou máis finas, ou tamén podemos cruzalas para representar os tonos escuros.
Para realizar a composición con planos, aplicamos diferentes cores planos a cada un dos tonos do retrato. Fixémolo con dou procedementos: rotuladores e témperas.
É interesante comparar os resultados nas diferentes interpretacións de cada un dos retratos. Así están expostos de forma conxunta na entrada do centro.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario