venres, 11 de novembro de 2011

PROXECTO TERRA EN MELGAÇO

O curso pasado, entre outras viaxes, o alumnado de 3º de ESO participou no Proxecto TERRA, un xeito moi interesante de coñecer o noso territorio e mesmo outros próximos como neste caso a Serra do Xurés portuguesa, na fronteira con Ourense.

Coñecimos a paisaxe e a vida da montaña, no pasado e no presente, así como a vida da fronteira, cargada de historias emocionantes do contrabando e da emigración.

De volta pasamos a tarde nas Termas de Outariz, en Ourense, que nos deixaron relaxados despois da intensa actividade da viaxe.

Foi unha boa experiencia! Podedes ver as fotos pinchando nas miniaturas da esquerda

Ningún comentario:

Publicar un comentario