luns, 14 de novembro de 2011
MAGOSTO EN SAN ROQUE
O pasado luns, 7 de novembro, celebramos o Magosto cos alumnos de 1º e 2º da ESO. Uns 150 rapaces e rapazas acompañados de boa parte do profesorado escalou o monte de San Roque, para facer a fame necesaria para dar conta dos bocatas e das castañas asadas.
Mentres se asaban as castañas o alumnado realizou diferentes xogos e actividades na natureza:
- Visitaron aos animais que están en cautividade nos terreos da Comunidade de Montes de San Roque.
- Buscaron follas e ourizos dos poucos castiñeiros que nos quedan, para facer un mural posteriormente, que actualmente está exposto no Edificio Vilar Ponte II
- Fabricaron cucuruchos para levar as castañas asadas
- Participaron en diferentes xogos tradicionais e xogos na natureza.
Cara o mediodía, as castañas serviron de postre aos bocatas que os rapaces levaban e consumiron con fame, despois de tanta actividade.
Remataron a xornada, limpando o espazo no que se desenvolveu a actividade e baixaron monte abaixo con máis folgos que ao subir.
Podedes ver as fotos pinchando nas miniaturas da esquerda
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario