O domingo 17 de maio chegaron os alumnos/as
de Lannion acompañados de tres profesores. Estarán en Viveiro ata o sábado 23
de maio, e participarán en diferentes actividades e excursións: visita a
Coruña, Ribadeo e Praia das Catedrais,
Santiago de Compostela, e ruta da Algas.
O luns 18 realizaron unha visita guiada por
Carlos Novo Cal polo casco vello de
Viveiro. A continuación asistiron a un acto de benvida por parte do concello no
teatro Pastor
Díaz, no
que María Loureiro,
alcaldesa de Viveiro,
dirixiuse a eles para celebrar o irmandamento entre ambas as dúas vilas, e a
realización do intercambio realizado.
Mércores
20 de maio. Praia das Catedrais, peirao de Ribadeo e paseo en barco pola ría.
Venres
22 de maio. Depois de asistir no pavillón, a unha exhibición de ximnasia
rítmica de alumnas deste centro de 1º ESO, todos os participantes do
intercambio realizaron a pé a Ruta das Algas, dirixidos por Simón. Alí foi
tamén o xantar. Á noite, os profesores franceses e os de Viveiro disfrutaron
dunha cea de despedida.
Sábado 23 de maio. Despedida
Ningún comentario:
Publicar un comentario