martes, 22 de abril de 2014

LONDRES 2014

Como ven sendo nos últimos anos, o alumnado de 4º ESO, que remata a escolaridade obrigatoria, realizou a viaxe de estudos organizada polo centro. Dado o éxito das edicións pasadas, Londres foi o destino elixido e, unha vez máis non defraudou. Acompañados por Ángeles Serantes, profesora de inglés; María Corbelle, profesora de matemáticas e Javier Illán, profesor de música, pasaron alí cinco días de abril entre o martes 1 e o sábado 5.
Máis aló do pequeno, aínda que publicitado, incidente do paxaro que obrigou a retrasar o inicio da viaxe en avión, a semana descorreu sen problemas maiores. Aí van as fotos que Javier tirou desta actividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario