Ao longo deste mes de marzo temos instalada a exposición itinerante do concurso audiovisual IMAXIÑA 2012, promovido pola Fundación INDECUM, que foi precedida pola realización de talleres audiovisuais en distintos centros da comarca, incluído o Vilar Ponte.
O concurso contou coa participación de alumnos/as do noso centro e mesmo cun traballo premiado, unha foto de Óscar Cora Novo, de 1º BAC.
A exposición, aberta á comunidade educativa e instalada na planta baixa do edificio Vilar Ponte I, inclúe 20 fotografías e a reprodución dos traballos de video participantes e premiados.
Esperemos que estas iniciativas sirvan para estimular aos rapaces á creación audiovisual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario