sábado, 19 de xaneiro de 2013
XOGANDO COAS MATEMÁTICAS
Unha das teimas do profesorado de matemáticas desde hai un tempo é cambiar a tradicional idea de que as matemáticas son unha materia mecánica e aburrida e facernos ver a todos que, pola contra, pode ser unha disciplina lúdica e creativa.
Para demostralo, e organizado pola profe de mates Inés Ben, esta semana o alumnado puido desenvolver na biblioteca do Vilar Ponte II actividades e xogos matemáticos moi diversos, que poñen de manifesto o atractivo desta materia para os nenos e nenas.
Aproveitamos para felicitar a Inés pola súa xubilación, agradecerlle o seu traballo e a súa gran implicación no centro e desexarlle que a disfrute. Sabemos que seguirá activa na súa vinculación ás matemáticas, participando na súa asocición AGAPEMA, que está especialmente implicada na divulgación e popularización desta materia tan fundamental na formación dos nosos alumnos e alumnas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario