martes, 19 de xuño de 2012

UNHA NOVA XERACIÓN NOS VISITA


Nesta semana final do curso recibimos a visita dos alumnos e alumnas, e tamén dos pais e nais dos colexios adscritos ao IES Vilar Ponte. O martes 19, recibimos aos nenos e nenas de 6º nivel, que serán 1º da ESO o próximo curso, do CEP Lois Tobío. Visitaron diferentes espazos do centro nos dous edificios e foron agasallados polos nosos alumnos do proxecto interdisciplinar con bocatas saudables mentras lles ensinaron a "explotación agropecuaria" que coidan e miman.
Pola tarde os pais e alumnos do CEIP de Covas e os pais do Colexio Landro tamén visitaron o centro e coñeceron as instalacións.
O xoves 21, visitarannos os rapaces do Colexio Landro para completar esta semana de portas abertas ao alumnado e familias que se matricularán no noso centro cara o próximo curso 2012-13.

BENVIDOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario