luns, 19 de decembro de 2011

PROXECTO VOZ NATURA - GRANXA E HORTA ESCOLAR


Un Nadal diferente para varios alumn@s do IES Vilar Ponte activo en Viveiro. Por primeira vez una ducia de alumnos conviven coas súas mascotas (os coellos), criados nas camadas do primeiro trimestre, na súa granxa-horta.
Son de verdade –non de peluche-, criáronos os propios nenos, guiados polos profesores do proxecto .
Os coellos comenzaron as súas vacacións cunha semana de antelación e marcharon a semana pasada, da súa casa de orixe, unha fermosa caseta situada no recinto do centro tomando como novos destinos as casas das familias que os apadriñaron, para que xa cada nen@ nos novos lares seguiran coidándoos e disfrutando deles.
Sin duda é unha experiencia que non van esquecer, como estes nenos recoñecen, supón un agasallo de Papá Noel anticipado e, ao mesmo tempo, unha responsabilidade.
Algunha das familias entregáronse tan a fondo que ata quixeron ambientar ao coelliño recén chegado, e fabricáronlle un gorro de Papá Noel á medida. Outro problema será intentar facerlle comer unha nécora por Noiteboa.
Noutros casos pasan a ter unha segunda nai, como é o caso da cadela que, segundo conta esta nena, se encarga de lavalos, levalos á sua cama, ou ben, lles pon a pata por enriba mentras dormen.
Se ben é certo que os animais non coñecen os costumes dos humanos nin son conscientes de que por estas datas de Nadal, os corazóns se volven mais solidarios. Pero o importante é que estes coelliños son ben recibidos e funcionan como transmisores de cariño. É un acontecemento enternecedor, e supón unha boa noticia nestes tempos donde o que prima é o contrario.

HISTORIA DE TAMBOR


Chámome Martín Hermida, vivo en  Viveiro e estudo no  I.E.S. “VILAR PONTE”. Eu non podía ter animais porque vivo nun piso e non podía facer realidade o meu soño, ata que grazas ao Vilar Ponte, puiden ter un Coello (que lle puxen de nome “Tambor”) e darlle todo o cariño que sinto por él. Cando chegou o día de traelo, non pensaba en máis nada que chegar a casa para xogar con él. Pasei un fin de semana, que non quixen saír da casa para que se adaptase a min. Pero despois de cinco días Tambor enfermou de Coccidiosis (unha enfermidade na cal o coello polo estrés deixa de comer e de beber e morre por deshidratación), eu botei a chorar porqué lle tiña moito cariño. Fumos o veterinario e nos dixo que había moi poucas posibilidades de que vivise. Cando chegamos a casa, a miña nai foi ao supermercado e eu collín ao coello e empecei a darlle de beber, e así, pouco a pouco, foise recuperando. O coello agora está moi contento, reborda de alegría! Vai de un lado o outro da xaula xogando. Un día deume  un susto, saltou e tirouse como morto e cando fun a mirar que lle pasaba, levantouse e saltou!. Cada vez que o agarro, mirame coa súa cariña que namora a un. Agora está gordo, come moito e, cada vez que me ve, salta na gaiola, para que lle dé de comer ou que o  saque conmigo (Tambor come de todo, pero o que máis lle gusta son as verzas e as cenorias…). É moi listo, fai as súas necesidades nun cunco. Como chegou o Nadal fixémoslle un gorriño de Papá Noel e espero comer as uvas do fin de ano xunto con él.
Xa non sei máis que decir. Bicos.

Martín Hermida


TRAVESO E BOLIÑA DE NEVE


Os dous coellos que teño na miña casa chámanse Traveso e Boliña de neve. Todos os días lle damos un puñado de verzas para comer. Eu considero favorable ter os coellos porque teño que ser máis responsable. Na miña familia os coellos son moi queridos, pero despois da cadela e esta é a que máis os quere. Nunca souben que os coellos eran uns animais tan tranquilos. Sempre quixen ter un coello na casa pero nunca me deixaron pola cuestión de ter un can, nunca pensei co conseguiría. A miña avoa está de acordo co proxecto interdisciplinar porque pensa que é unha boa maneira de que nós nos integremos na vida do campo e contoume que os dentes dos coellos nunca paran de medrar.

Ana Atadell

Ningún comentario:

Publicar un comentario